04/02/2021
Hoxe, hai 8 anos que case por casualidade, comecei esta aventura non premeditada no mundo do taxi, atopei centos de historias,todas interesantes, cheas de emocións, sorpresa e sentimento, case tantas coma clientes,atopei inmovilismo, clasismo inesperado e un medio de vida que loita constantemente por dignificar unha profesión menospreciada por algunha xente e que traballa arreo por modernizarse en tempos de pandemia.
Aprendín a dicir que "Non", a definir un horario de traballo, a descansar o que precisara e a que ser un servizo público e esencial, non está reñido coa privacidade e co dereito a desconexión laboral, cousa que algunha xente non comprendeu no seu momento, aprendín a loitar polo que creo, amosei que podes ter un negocio coma este e a que se pode facer en "Galego" e a que a competencia é san, cando se respeta a ética de traballo e aprendín que máis non é sinónimo de mellor, nin menos...
Agardo vervos en 8 anos por estes lares, xa libres de confinamentos e algo máis de preto.
Grazas infinitas!❤