01/09/2026
📢 Outeiro de Rei concentrarase en apoio a Ceuta
O vindeiro mércores, 2 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar unha concentración diante da Casa do Concello de Outeiro de Rei en apoio a Ceuta.
Este acto, convocado pola FEMP, pretende reunir á veciñanza para amosar a súa solidariedade e apoio, facendo un chamamento á participación de todas aquelas persoas que desexen sumarse a esta concentración.
🤝 Agardámosvos o 2 de setembro, ás 20:00 horas, diante do Concello.