26/08/2017
💃🕺
Que ninguén se despiste! Hoxe, sábado, nas Festas das Dores de Ponte Caldelas completo programa. Pola mañá pasarrúas, procesión e sesión vermú na Alameda. E pola tarde, diversión máis que asegurada. O Festival Folclórico de danza (20.30 horas) que coordinan Os Coribantes, e que trae tamén aos grupos Ikusgarri Euskal Dantzari Taldea (Portugalete) e La Antigua de Alberite (Rioxa) trasládase á discoteca (Reivi) porque, diante da posibilidade de choiva non podemos arriscar. E logo gran verbena cunha das mellores orquestras de Galicia, a orquestra TELEVISIÓN, acompañada do grupo Triunfo. Na Alameda, chova o trone, a partir das 23.00 horas. E con presenza da TVG, que m***a unha carpa con escenario propio, a partir das 16.30 horas.